domingo, 26 de xaneiro de 2020

MOSTEIROS OU PAZOS GALEGOS
(MONASTEIRO DE POIO)
San Xoán de Poio é un mosteiro medieval beneditino situado na parroquia de San Xoán de Poio, ocupado por unha comunidade de mercedarios. En 1971 foi declarado Ben de Interese Cultural.

A data de fundación é difícil de precisar. A tradición mantén que foi fundado por Froitoso de Braga e os seus discípulos no século VII, e tres séculos máis tarde, no reinado de Vermudo III foi reconstruído nun lugar distinto pero próximo ó da primeira fundación. O documento máis antigo que se conserva que o mencione data do ano 1116.

O seu primeiro abade coñecido é Fromarico, a comezos do século XII. OUtros abades foron Sancho a finais do século XIII, que acadou unha bula pontificia. Desde 1476, co nomeamento doutro Sancho, houbo abades comanditarios, como Martín Zurbano de Azpeitia (nomeado bispo de Tui en 1514), Martín de Ávila Carvajal (capelán de Carlos V), Francisco de Solís ou Sebastián de Villoslada, conselleiro de Filipe II.

Recibiu numerosos privilexios reais e nobiliarios incorporándose a Congregación de San Bieito de Valladolid, coa que comeza a súa época de maior esplendor. Nela chegou a ter un colexio maior de teoloxía desde o ano 1548 a 1556. No ano 1581 comezaron as obras da actual igrexa e as do claustro procesional, e desenvolvéronse entre 1600 e 1612. Sobre a construción da nova igrexa resaltar a existencia dun plano a finais do século XVII de frei Gabriel de Casas, por aqueles tempos mestre de obras do mosteiro de San Martiño Pinario.

No ano 1613 comezou a funcionar o Colexio de Pasantes de San Xoán de Poio que non pararía o seu quefacer ata o decreto de exclaustración de 1834. Tralo seu abandono polos beneditinos coa desamortización, no ano 1890 foi ocupado polos mercedarios que seguen a ocupalo desde entón. En 1917 ingresou no convento Gumersindo Placer.

Resultado de imagen de MONASTERIO DE POIO

https://gl.wikipedia.org/wiki/Convento_de_San_Xo%C3%A1n_de_Poio

O MEU COMENTARIO:
Hai moitos anos, creo que 5 pero non estou seguro leváronnos de excursión ao Mosteiro de Poio uns tres ou catro días. No mosteiro hai un mosaico no comedor que representa a última cea de Xesús e os seus discípulos. Tamén conta cun horreo o cal se non recordo mal é o máis grande do mundo aínda que o horreo de Carnota tamén ten un tamaño similar. Aparte de todo isto tamén hai un campo de fútbol e unha sala na que se proxectan películas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario