luns, 27 de xaneiro de 2020

domingo, 26 de xaneiro de 2020

MOSTEIROS OU PAZOS GALEGOS
(MONASTEIRO DE POIO)
San Xoán de Poio é un mosteiro medieval beneditino situado na parroquia de San Xoán de Poio, ocupado por unha comunidade de mercedarios. En 1971 foi declarado Ben de Interese Cultural.

A data de fundación é difícil de precisar. A tradición mantén que foi fundado por Froitoso de Braga e os seus discípulos no século VII, e tres séculos máis tarde, no reinado de Vermudo III foi reconstruído nun lugar distinto pero próximo ó da primeira fundación. O documento máis antigo que se conserva que o mencione data do ano 1116.

O seu primeiro abade coñecido é Fromarico, a comezos do século XII. OUtros abades foron Sancho a finais do século XIII, que acadou unha bula pontificia. Desde 1476, co nomeamento doutro Sancho, houbo abades comanditarios, como Martín Zurbano de Azpeitia (nomeado bispo de Tui en 1514), Martín de Ávila Carvajal (capelán de Carlos V), Francisco de Solís ou Sebastián de Villoslada, conselleiro de Filipe II.

Recibiu numerosos privilexios reais e nobiliarios incorporándose a Congregación de San Bieito de Valladolid, coa que comeza a súa época de maior esplendor. Nela chegou a ter un colexio maior de teoloxía desde o ano 1548 a 1556. No ano 1581 comezaron as obras da actual igrexa e as do claustro procesional, e desenvolvéronse entre 1600 e 1612. Sobre a construción da nova igrexa resaltar a existencia dun plano a finais do século XVII de frei Gabriel de Casas, por aqueles tempos mestre de obras do mosteiro de San Martiño Pinario.

No ano 1613 comezou a funcionar o Colexio de Pasantes de San Xoán de Poio que non pararía o seu quefacer ata o decreto de exclaustración de 1834. Tralo seu abandono polos beneditinos coa desamortización, no ano 1890 foi ocupado polos mercedarios que seguen a ocupalo desde entón. En 1917 ingresou no convento Gumersindo Placer.

Resultado de imagen de MONASTERIO DE POIO

https://gl.wikipedia.org/wiki/Convento_de_San_Xo%C3%A1n_de_Poio

O MEU COMENTARIO:
Hai moitos anos, creo que 5 pero non estou seguro leváronnos de excursión ao Mosteiro de Poio uns tres ou catro días. No mosteiro hai un mosaico no comedor que representa a última cea de Xesús e os seus discípulos. Tamén conta cun horreo o cal se non recordo mal é o máis grande do mundo aínda que o horreo de Carnota tamén ten un tamaño similar. Aparte de todo isto tamén hai un campo de fútbol e unha sala na que se proxectan películas.

sábado, 25 de xaneiro de 2020

ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE
(SOTAVENTO)
O parque eólico experimental Sotavento é un parque eólico propiedade da Fundación Sotavento Galicia constituída. O campo eólico experimental de Sotavento está situado na Serra da Loba a 10km ao sur das As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez, entre os concellos de Xermade (provincia de Lugo) e Monfero (provincia da Coruña), a unha altitude de 600–700 m.

O parque de Sotavento ten a súa orixe en 1997 como parque eólico experimental, ten como obxectivo a difusión e experimentación de tecnoloxías eólicas e enerxéticas.

Promoción, difusión, formación, fomento e debate de tódo los aspectos relacionados coas enerxía renovables.
Realización de probas e investigacións de tecnoloxía en enerxías renovables.
Dar a coñecer a importancia do aforro enerxético.
Iniciativas que dean a coñecer as enerxías renovables en particular a enerxía eólica.

Archivo: Casa domótica no Parque Eólico Experimental Sotavento, Xermade, Galiza.jpg

https://gl.wikipedia.org/wiki/Parque_e%C3%B3lico_experimental_Sotavento

O MEU COMENTARIO:
O parque eólico experimental Sotavento é un lugar onde hai uns aeroxeneradores que có impulso do vento xeran enerxía limpa e sostible. O ano pasado o noso profesor de bioloxía levoúnos de excursión a este parque e foi unha experiencia que non creo que ninguén esquecerá facilmente xa na visita metímonos dentro dun dos xeneradores e tamén visitamos unha casa que manteñía a calor sen necesidade de calefacción, que casualmente é a foto que hai enriba.




venres, 24 de xaneiro de 2020

MULLER
(ROSALÍA DE CASTRO)
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg

https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro

O MEU COMENTARIO:
Creo que todo o mundo coñece a Rosalía de Castro unha das maiores figuras da historia de Galicia, non só pola súa literatura, senón polo que significa como galega en termos de reivindicación da nosa lingua, a cal é unha das máis bonitas do mundo como seguramente ela pensaba. Rosalía antepuso o seu beneficio propio por Galicia o cal é un xesto que di moito dunha extraordinaria muller como foi Rosalía de Castro.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

LUSOFONÍA

Enténdese por lusofonía o intersistema cultural que agrupa as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto. Así, na lusofonía converxen territorios e comunidades unidos por lazos históricos e por canles de identidade que teñen un vínculo forte e común, a lingua portuguesa, coas súas diversas posibilidades de realización e de actualización.

Resultado de imagen de LUSOFONIA


O MEU COMENTARIO:
A lusofonía é un tema moi recurrente pola nosa profesora de galego para facer os traballos en grupo de galego. Este tema non é moi interesante e incluso é repetitivo porque todos os anos é o mesmo e o tema non ten nada novo aínda que pasen os anos. Despois de dicir todo isto sobre a lusofonía teño que admitir que este era un tema fácil de tratar, do cal saía moita información buscando moi pouco tempo. Para finalizar enumerarei uns países lusófonos: Brasil, Portugal, Guyana, etc...

mércores, 22 de xaneiro de 2020

ASOCIACIÓNS OU ONGs
(ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA)

Son de salientar as variadas actividades culturais, desenvolvidas quer en solitario quer en colaboración con outras entidades (AELG, AS-PG, AV Agra do Orzán, AV dos Castros, UdC, CUAC fm, etc.), en que destacan a celebración anual do Memorial de Teatro Amador “Ibán Toxeiro”. Igualmente, levamos a cabo un intenso traballo sociocultural que asenta na proxección da lingua, literatura e cultura galegas, no obradoiro de teatro, no obradoiro de xadrez, na defensa dos dereitos das mulleres, na publicación dos números da “Biblioteca Alexandre Bóveda”, nas exposicións na colaboración con diversos colectivos etc. E, ao mesmo tempo, realizamos un constante traballo de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avanzos tecnolóxicos etc.

Resultado de imagen de asociacion alexandre boveda

https://www.acalexandreboveda.gal/

O MEU COMENTARIO:
Non estou moi familiarizado coa asociación Alexandre Bóveda pero pareceme unha asociación que ten moi bos valores que transmite coas súas actividades. Eu non me afiliaría a esta asociación porque non me gusta moito a literartura pero non quere dicir que non sexa unha mala actividade para a xente que lle gusta a literatura, senón que a min non me interesaría afiliarme. Esta asociación a coñezo porque o mue profesor de Tic´s está afiliado a esta asociación.

martes, 21 de xaneiro de 2020

ARTE E ARTESANÍA
(SARGADELOS)
A cerámica de Sargadelos é unha famosa cerámica elaborada en Sargadelos (no municipio lucense de Cervo, Galicia, España). A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis.

O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Cer%C3%A1mica_de_Sargadelos

Resultado de imagen de SARGADELOS

O MEU COMENTARIO:
Sargadelos coma todo ou case todo o mundo sabe é unha marca de cerámica que fan moi bos traballos. Creo que todo ou case todo o mundo cando pensa en Sargadelos pensa á súa vez en Estrella Galicia xa que os grifos para tirar as cañas nos bares ás veces son de Sargadelos. O meu pai traballa en Estrella Galicia entón na miña casa temos bastantes cousas de Sargadelos e son bastante bonitas. Aínda que as pezas son bonitas na web de Sargadelos os prezos para min son bastante caros.




luns, 20 de xaneiro de 2020

HISTORIA DE GALICIA
(MURALLA DE LUGO)
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.

O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12 ou 10 metros sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.

Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Muralla_de_Lugo

Muralla.Lugo.Galicia.jpg

O MEU COMENTARIO:
Hai uns dous anos fun a Lugo a xogar un torneo de balonmán. O resultado do torneo non importa pero no noso tempo libre todo o equipo dimos unha volta por Lugo e visitamos a súa muralla romana que sen non mal recordo foi Augusto quen a fixo construír, e como todos sabemos segue en pé case coma o primeiro día. Polos arredores da muralla paseamos e nos paramos a comer nun bar cercano á muralla. Creo que é un lugar moi recomendable para visitar e para pasar a tarde.






domingo, 19 de xaneiro de 2020

PAISAXES NATURAIS
(FRAGAS DO EUME)
As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Fragas_do_Eume

Fragas do Eume.jpg

O MEU COMENTARIO:
Hai uns anos fun a este paisaxe natural xa que estaba nun campamento de balonmán en Pontedeume unha vila que me impresionoe moito xa que era pequena pero con moita vida. As fragas son espectaculares a nivel visual como é o silencio que hai cando paseas polos camiños da ruta das fragas. Hai moitas especias animais distintas de paxaros e de rás. Como dixen antes é un espazo marabilloso moi recomendable para ir en familia se tes o tempo que require facer a ruta.











sábado, 18 de xaneiro de 2020

DEPORTES
(REMO)

Coñécese como remo o conxunto de disciplinas deportivas que consisten na propulsión dunha embarcación por medio da forza muscular dun ou varios remeiros, que poden empregar un ou dous remos, sempre usados como pancas, cun punto de fixación á embarcación. O remo distínguese do piragüismo en que neste último o deportista vai colocado de fronte ó movemento porque non fai panca co remo para avanzar, mentres que nas disciplinas de remo o deportista vai sempre sentado de costas ó sentido do movemento.

Ficheiro:ROWING Women's Single Sculls Final - 28th Summer Universiade 2015 Gwangju.webm
Nunha embarcación de remo, tódolos elementos están fixados ó corpo da embarcación, incluídos os propios remos (unidos por unha articulación), menos o banco no que se senta o remeiro. Este banco pode ser fixo ou móbil, de tal xeito que hai dúas categorías principais dentro do deporte do remo: o remo de banco fixo, e o remo de banco móbil. A diferenza principal entre unha e outra categoría é que no remo de banco fixo, o esforzo se realiza nos brazos e nas costas, mentres que no remo de banco móbil, este deslízase sobre unhas rodas pequenas de xeito que o esforzo se realiza nos brazos, nas costas e tamén nas pernas. Os remo de banco móbil practícase sobre augas tranquilas.

Hai certas modalidades de remo que son olímpicas, en categoría masculina dende 1900, e en categoría feminina dende 1976. Distínguese pois o remo olímpico, con 14 modalidades (todas elas de banco móbil); do remo non olímpico, con máis modalidades, incluídas tódalas de banco fixo.

En Galicia ten moita tradición a disputa de competicións en banco fixo, principalmente en traiñeiras e bateis. Os clubs de remo máis salientables participan cada ano na Liga Galega de Traiñeiras, dende a cal pódese ascender á máxima categoría cantábrica, a Liga ACT.

A nivel internacional, existen probas tan senlleiras como a Regata Oxford-Cambridge (The Boat Race), que se leva disputando dende 1829 en augas do Támese entre estudantes das universidades de Oxford e Cambridge.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Remo_(deporte)



O MEU COMENTARIO:

Un deporte que non é moi visualizado nin practicado a penas é o remo, o cal é un dos deportes máis saúdables que existen no mundo. Este deporte a parte de ser saúdable practícase ao aire libre en entornos naturais únicos como pode ser en Santa Cristina en fronte do hospital materno. O maior inconveniente pode ser o clima que teñas cando estás a remar no mar non só pola choiva senón por como estea o mar. Este deporte tan saúdable trátase de imitar con máquinas nos ximnasios.



venres, 17 de xaneiro de 2020

RÍOS,MARES,OCÉANOS
(RÍO BARCÉS)


O río Barcés é un curso fluvial da provincia da Coruña que nace nos concellos de Cerceda e Carral e traza un percorrido en dirección nordés. Conflúe co río Mero en Orto, Abegondo, a unha elevación de 80 metros sobre do nivel do mar, onde ambos chegan ao encoro de Cecebre. Alí dan lugar ao Lugar de importancia comunitaria do encoro de Abegondo - Cecebre

O Barcés é o principal dos colectores secundarios da conca do río Mero, e a cal recolle as augas da aba meridional dos montes do Xalo e das terras de Cerceda.

https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Barc%C3%A9s

Resultado de imagen de RIO BARCES

O MEU COMENTARIO:

Cando eu estaba en primeiro da ESO leváronos a ver as instalacións de EMALCSA no río Barcés. Recordo que era un sitio moi bonito con moita vexetación. Alí explicáronnos que a auga do río era tratada mediante diferentes procesos nos que eliminábanse as impurezas e a auga volvíase apta para o consumo humano. Este río tamén conta con moita poblacións cercanas e varias rutas de senderismo que son recomendables para calquera, a parte de ser transitables con bici ou a pé.

xoves, 16 de xaneiro de 2020

SERIE TELEVISIÓN
(SERRAMOURA)

Esta é a sinopse según a páxina da TVG:
A tranquilidade de Serramoura vese alterada coa chegada dun investigador de métodos agresivos, que para descubrir quen matou a Mónica Triáns deberá lidar cos impenetrables e enigmáticos habitantes desta vila.

Todos gardan algún segredo e tamén algunha razón para cometer ese crime horrendo. Mónica sabía demasiado das loitas polo control da madeira que manteñen os Fiúza e os Soutelo, as familias máis poderosas da vila.

Ambientado no mundo da madeira, este thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior, leva os espectadores por algunhas das paraxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia.

Unha ollada furtiva. Unha mentira descuberta. Unha razón sen sentido. Unha peza que non cadra. Unha vinganza desmedida. Un carácter enfermizo. Calquera destes eventos pode ser o detonante das grandes traxedias que amosan os titulares de prensa máis sensacionalista. Así o pon de relevo esta serie producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia.

Serramoura, localidade de ficción resultado da unión dalgúns dos recunchos máis fermosos e inquietantes da provincia da Coruña, é unha desas vilas orgullosas de vivir cara á natureza e de costas ao ritmo acelerado e insensato das cidades. Pero tamén, como en todas as vilas, en Serramoura as portas péchanse e detrás delas ninguén sabe o que pasa. Porque nesta vila tamén hai segredos, mentiras e dor, os elementos esenciais en que se fragua o rancor e a vinganza.

Serramoura vive da explotación dos seus recursos madeireiros. Dúas familias, os Soutelo e os Fiúza, loitan polo control do negocio. Este escenario recoñecible vese bruscamente alterado ao aparecer morta, brutalmente asasinada, unha das súas veciñas. Para resolver o caso, a Comandancia da Garda Civil desprazará á vila a Diego (Miguel Ángel Blanco), sarxento especializado en homicidios, visceral e instintivo, que se unirá á sarxento Marga (Lucía Regueiro), membro da Unidade de Investigación de Serramoura, extremadamente ordenada, metódica e analítica. Estas dúas personalidades tan distintas estarán obrigadas a entenderse e acabarán formando unha peculiar pero moi eficaz parella profesional e pode que co tempo algo máis.

A historia irá desvelando episodio a episodio os segredos, as miserias e os conflitos desta pequena vila galega mentres os dous gardas civís resolven os crimes e os delitos que se cometen nun lugar tan recoñecible como inquietante. Así, a investigación servirá en realidade para desvelar un segredo agochado na tranquila vida de Serramoura.

Xunto a Lucía Regueiro e Miguel Ángel Blanco, que interpretan os dous personaxes que levan o peso da investigación, completan o elenco actores da altura de Antonio Mourelos, Alfonso Agra, Isabel Naveira, Xavier Deive, Uxía Blanco, Sabela Arán e Xosé Barato, entre outros. Todos eles baixo a dirección de Miguel Conde e Jorge Saavedra.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/serramoura

Resultado de imagen de serramoura


O MEU COMENTARIO:

Hai poucas series en galego e menos cadenas de televisión que emitan estas series, en concreto eu só coñeczo dúas como son a TVG e a TVG2. Unha das series máis importantes en galego é Serramoura, unha serie que me gusta moito, non me perdo case ningún episodio. Esta serie comeza cando Monica Triáns aparece morta no medio do monte con sinais que indican que foi brutalmente asasinada e os policías tratan de averiguar quen foi descubrense subtramas que complican a historia.







mércores, 15 de xaneiro de 2020

NOVELA EN GALEGO
(A ARTE DE TROBAR)


O vigués Santiago Lopo gañou o premio Xerais de novela 2017 con "A arte de trobar". O traballo do profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas foi o gañador entre os 42 presentados ao concurso. O xurado destaca que a "plasticidade" coa que está escrita a novela de aventuras de Lopo. "Caracterízase por un ritmo áxil e unha trama sorprendente".

O autor vigués non foi o único gañador dun evento que se celebrou na illa de San Simón, fronte á costa de Redondela. A escritora de Cee María Canosa gañou o premio Merlín de Literatura Intantil 2017 por "Muriel" e Manuel Lourenzo, de Vilaboa, gañou o premio Jules Verne de literatura infantil 2017 por "Ceiba de Luz".

https://www.farodevigo.es/cultura/2017/06/03/arte-trobar-vigues-santiago-lopo/1691833.html

Resultado de imagen de a arte de trobar

O MEU COMENTARIO:

Hai uns meses tivemos que ler este libro coma parte da nosa asignatura de galego. En líneas xerais o libro gústoume pero ao principio foi fácil liarse xa que o libro pasa de un personaxe a outro sen orde aparente. Esta novela está ambientada no século XII e conta a historia do pergamiño Vindel e coma chegou a Galicia. Nesta historia hai amor, desamor, violencia e historia moi condesada nas páxinas desta historia.


martes, 14 de xaneiro de 2020

MUSEOS
(MUNCYT)


Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Museo_Nacional_de_Ciencia_e_Tecnolox%C3%ADa

Porta muncyt.jpg

O MEU COMENTARIO:

Hai unhas semanas a nosa profesora de cultura científica levounos a ver o MUNCYT. Neste museo vimos moitas cousa interesantes do mpasado como: como funcionan os faros e os códigos que teñen arredor do mundo, como funciona un acelerador de partículas xa que eles teñen un nas súas instalacións, tamén teñen un alambique no que se destilaba alcohol. Pero o máis impresionante do museo é o modelo Boeing 747 que teñen na parte de enriba, no cal pódeste subir.

luns, 13 de xaneiro de 2020

GANDARÍA
(RUBIA GALEGA)

Características xerais

A raza caracterízase por ter unha gran rusticidade e capacidade de adaptación a ambientes adversos. É unha raza dócil, fácil de usar e que se caracteriza pola manchea. Excelentes calidades maternas.

Morfoloxía

Formato medio e proporcional, peito profundo, longo e arqueado; costas e lombos anchos, planos e musculosos; e coxas, nádegas e patas convexas, longas e baixas. O esqueleto é robusto, forte e ben desenvolvido. E todas estas condicións coinciden perfectamente coa conformación xeral, longa, profunda e ampla de animais especializados na produción de carne.

A cor é principalmente rubia, marrón ou canela (capa de teixa), con oscilacións que van desde a luz ou o "marelo" ata o escuro ou o "bermello". O mucoso rosado e as pezuñas e os cornos de cor clara, dende o branco rosado ata o castiñeiro, con algún escurecemento nas puntas.

https://acruga.com/caracteristicas.asp



O MEU COMENTARIO:

A rubia galega é unha das especies de vacas máis preciadas pola súa carne arredor do mundo pero sobre todo en España. Esta vaca é orixinaria de Galicia e a máis criada na nosa comunidade autónoma. A súa carne é tenra é facil de comer xa que se cría nas mellores condicións posibles. Esta raza de vaca é identificativa de Galicia como poden ser a paisaxe ou as costumes que temos aquí en Galicia, anosa comunidade.


domingo, 12 de xaneiro de 2020

MÚSICA FOLK EN GALEGO
(BERROGÜETO)


Berrogüetto foi un grupo galego, de música folk moderno, activo entre 1996 e 2014. Algúns dos compoñentes de Berrogüeto formaron parte anteriormente do grupo Matto Congrio, xunto a outros artistas como Carlos Núñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha gran revolución no panorama da música folk, polo seu innovador estilo partindo de melodías tradicionais. No ano 2002 foron nomeados aos premios musicais Grammy Latino 2002 na categoría de "Mellor álbum folk".

https://gl.wikipedia.org/wiki/Berrog%C3%BCetto

Berroguetto 2013.jpg

O MEU COMENTARIO:

Coma acontecía no rock non hai moitas persoas que escoiten música en galego e moitas menos que escoiten música folk. Mais hai un grupo que eu quixera compartir coa xente e este é Berrogüeto. Este grupo non é moi coñecido pero a min gústame porque ten cancións chulas coma: Xente, Cracovia, Nadal de luintra, Fusco, Anubia e moitas máis. Aínda que eu non son o maior fan deste grupo gústame bastante.

sábado, 11 de xaneiro de 2020

LIBRO: POESIA
(QUEIXUME DOS PINOS)

Pondal recolleu nel a maior parte dos poemas publicados en 1877 en Rumores de los pinos, aínda que reelaborándoos, traducindo algúns ao galego e facendo desaparecer outros escritos en castelán. O conxunto inicial, que estaba composto por trinta composicións, foise ampliando en posteriores edicións, incluíndo poemas como "Os pinos".
A segunda edición publicouse pola Academia Gallega, na Coruña, na imprenta de Zincke Hermanos, en 1935, con introdución de Manuel Murguía, e epílogo de Manuel Lugrís Freire.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Queixumes_dos_pinos

Queixumes dos pinos, Eduardo Pondal, Latorre y Martínez editores, La Coruña, imprenta de La Voz de Galicia, 1886. PDF.pdf

O MEU COMENTARIO:

Coma case todo o mundo sabe Queixume dos pino é un libro de poemas escrito por Eduardo Pondal. Este libro de poemas contén o noso himno. Este himno é un dos máis bonitos e profundos que hai no  mundo de hoxe en día. Desgrazadamente non todos os galegos saben este himno de memoria aínda que este cántase no derbi galego (Real club deportivo de la Coruña contra Real club celta de Vigo) 

venres, 10 de xaneiro de 2020

ROCK EN GALEGO
(RUXE-RUXE)


Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

Até o momento sacaron á venda once discos e teñen feito concertos por toda España, Portugal e Italia. As súas cancións téñense utilizado nalgúns programas de televisión e mesmo filmes.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Ruxe_Ruxe
Resultado de imagen de ruxe ruxe wikipedia

 O MEU COMENTARIO:

A música en galego non é moi escoitada en xeral. Por iso gustaríame traer ao blog a un grupo de rock en galego chamado Ruxe-Ruxe. Este é un grupo que descubrín onte e ten cancións que molan mogollón. Este grupo de música que toca en varios estilos no que predomina o rock ten cancións como: Rock do país, Carmela baila ska, Sempre adiante, Cancións ceibes. Todas estas cancións gústanme moito  e agora as escoito bastante.

xoves, 9 de xaneiro de 2020

COCIÑA GALEGA

RECEITA
INGREDIENTES
(6 persoas)

2 Kg. de polbo
1 Kg. de patacas medianas
Pimentón picante
Sal
Aceite de oliva
PREPARACIÓN
Lavar o polbo en auga fría. Poñer a ferver o auga. Cuando ferva, meter o polbo. Deixar uns segundos e sacar. Esperar a que volva a ferver e meter o polbo outra vez, etc... Repetir isto 3 veces.
Cando, despois do anterior, o auga volva a ferver, botar o polbo e as patacas peladas e deixar un 1/4 de hora ou 20 minutos. O polbo ten que quedar un puntiño duro. Si se pon "baboso", mellor tiralo  e empezar outra vez.
Meter las patacas no forno cinco minutos, os mismos cinco minutos que se estará deixando reposar o polbo na pota co auga, xa fora do lume.
Sacar o polbo e cortalo en trozos. Colocar polbo e patacas nunha táboa, e condimentar todo neste orden con sal, pimentón picante e aceite de oliva.
(NON TEN BIBLIOGRAFÍA PORQUE MO MIÑA NAI)

Resultado de imagen de pulpo a feira
O MEU COMENTARIO:

A cociña galega é unha das máis ricas do mundo, debido a calidade dos productos galegos e o bo saber facer das personas de aquí. Unha das receitas da cociña galega que máis me gusta é como non o polbo a feira ou en calquera outro tipo de receita. Unha vez comendo este prato en Melide veíase un mogollón de turistas disfrutando dun prato que antes de tomalo asemella un extraterrestre cocido.
Outro prato que me gusta mogollón é o caldo que en épocas de inverno senta moi ben.


mércores, 8 de xaneiro de 2020

PELÍCULA DO CINE 
(O QUE ARDE)

O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.

Estreouse na sección "Un Certain Regard" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial. É o filme en galego con maior recadación e o máis visto da historia, con máis de 62.500 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, e máis de 320.000 € recadados, superando a Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989).

https://gl.wikipedia.org/wiki/O_que_arde

 O MEU COMENTARIO:

Hai uns meses a nosa profesora de galego, propuxo a nosa clase asistir ao cine a ver unha película en galego que foi moi premiada a cambio dunha subida de nota. Decidín ir a vela cuns amigos, a verdade é que non tiña expectativas moi altas sobre a pelicula e tiña razón. A película non me gustou moito xa que era un pouco parada e a historia nin era moi interesante. Na miña opinión non era unha pelicula recomendable para xente xoven a cal gústalle a acción.

Resultado de imagen de lo que arde