luns, 20 de xaneiro de 2020

HISTORIA DE GALICIA
(MURALLA DE LUGO)
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.

O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12 ou 10 metros sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.

Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Muralla_de_Lugo

Muralla.Lugo.Galicia.jpg

O MEU COMENTARIO:
Hai uns dous anos fun a Lugo a xogar un torneo de balonmán. O resultado do torneo non importa pero no noso tempo libre todo o equipo dimos unha volta por Lugo e visitamos a súa muralla romana que sen non mal recordo foi Augusto quen a fixo construír, e como todos sabemos segue en pé case coma o primeiro día. Polos arredores da muralla paseamos e nos paramos a comer nun bar cercano á muralla. Creo que é un lugar moi recomendable para visitar e para pasar a tarde.






Ningún comentario:

Publicar un comentario