luns, 27 de xaneiro de 2020

domingo, 26 de xaneiro de 2020

MOSTEIROS OU PAZOS GALEGOS
(MONASTEIRO DE POIO)
San Xoán de Poio é un mosteiro medieval beneditino situado na parroquia de San Xoán de Poio, ocupado por unha comunidade de mercedarios. En 1971 foi declarado Ben de Interese Cultural.

A data de fundación é difícil de precisar. A tradición mantén que foi fundado por Froitoso de Braga e os seus discípulos no século VII, e tres séculos máis tarde, no reinado de Vermudo III foi reconstruído nun lugar distinto pero próximo ó da primeira fundación. O documento máis antigo que se conserva que o mencione data do ano 1116.

O seu primeiro abade coñecido é Fromarico, a comezos do século XII. OUtros abades foron Sancho a finais do século XIII, que acadou unha bula pontificia. Desde 1476, co nomeamento doutro Sancho, houbo abades comanditarios, como Martín Zurbano de Azpeitia (nomeado bispo de Tui en 1514), Martín de Ávila Carvajal (capelán de Carlos V), Francisco de Solís ou Sebastián de Villoslada, conselleiro de Filipe II.

Recibiu numerosos privilexios reais e nobiliarios incorporándose a Congregación de San Bieito de Valladolid, coa que comeza a súa época de maior esplendor. Nela chegou a ter un colexio maior de teoloxía desde o ano 1548 a 1556. No ano 1581 comezaron as obras da actual igrexa e as do claustro procesional, e desenvolvéronse entre 1600 e 1612. Sobre a construción da nova igrexa resaltar a existencia dun plano a finais do século XVII de frei Gabriel de Casas, por aqueles tempos mestre de obras do mosteiro de San Martiño Pinario.

No ano 1613 comezou a funcionar o Colexio de Pasantes de San Xoán de Poio que non pararía o seu quefacer ata o decreto de exclaustración de 1834. Tralo seu abandono polos beneditinos coa desamortización, no ano 1890 foi ocupado polos mercedarios que seguen a ocupalo desde entón. En 1917 ingresou no convento Gumersindo Placer.

Resultado de imagen de MONASTERIO DE POIO

https://gl.wikipedia.org/wiki/Convento_de_San_Xo%C3%A1n_de_Poio

O MEU COMENTARIO:
Hai moitos anos, creo que 5 pero non estou seguro leváronnos de excursión ao Mosteiro de Poio uns tres ou catro días. No mosteiro hai un mosaico no comedor que representa a última cea de Xesús e os seus discípulos. Tamén conta cun horreo o cal se non recordo mal é o máis grande do mundo aínda que o horreo de Carnota tamén ten un tamaño similar. Aparte de todo isto tamén hai un campo de fútbol e unha sala na que se proxectan películas.

sábado, 25 de xaneiro de 2020

ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE
(SOTAVENTO)
O parque eólico experimental Sotavento é un parque eólico propiedade da Fundación Sotavento Galicia constituída. O campo eólico experimental de Sotavento está situado na Serra da Loba a 10km ao sur das As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez, entre os concellos de Xermade (provincia de Lugo) e Monfero (provincia da Coruña), a unha altitude de 600–700 m.

O parque de Sotavento ten a súa orixe en 1997 como parque eólico experimental, ten como obxectivo a difusión e experimentación de tecnoloxías eólicas e enerxéticas.

Promoción, difusión, formación, fomento e debate de tódo los aspectos relacionados coas enerxía renovables.
Realización de probas e investigacións de tecnoloxía en enerxías renovables.
Dar a coñecer a importancia do aforro enerxético.
Iniciativas que dean a coñecer as enerxías renovables en particular a enerxía eólica.

Archivo: Casa domótica no Parque Eólico Experimental Sotavento, Xermade, Galiza.jpg

https://gl.wikipedia.org/wiki/Parque_e%C3%B3lico_experimental_Sotavento

O MEU COMENTARIO:
O parque eólico experimental Sotavento é un lugar onde hai uns aeroxeneradores que có impulso do vento xeran enerxía limpa e sostible. O ano pasado o noso profesor de bioloxía levoúnos de excursión a este parque e foi unha experiencia que non creo que ninguén esquecerá facilmente xa na visita metímonos dentro dun dos xeneradores e tamén visitamos unha casa que manteñía a calor sen necesidade de calefacción, que casualmente é a foto que hai enriba.




venres, 24 de xaneiro de 2020

MULLER
(ROSALÍA DE CASTRO)
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg

https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro

O MEU COMENTARIO:
Creo que todo o mundo coñece a Rosalía de Castro unha das maiores figuras da historia de Galicia, non só pola súa literatura, senón polo que significa como galega en termos de reivindicación da nosa lingua, a cal é unha das máis bonitas do mundo como seguramente ela pensaba. Rosalía antepuso o seu beneficio propio por Galicia o cal é un xesto que di moito dunha extraordinaria muller como foi Rosalía de Castro.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

LUSOFONÍA

Enténdese por lusofonía o intersistema cultural que agrupa as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto. Así, na lusofonía converxen territorios e comunidades unidos por lazos históricos e por canles de identidade que teñen un vínculo forte e común, a lingua portuguesa, coas súas diversas posibilidades de realización e de actualización.

Resultado de imagen de LUSOFONIA


O MEU COMENTARIO:
A lusofonía é un tema moi recurrente pola nosa profesora de galego para facer os traballos en grupo de galego. Este tema non é moi interesante e incluso é repetitivo porque todos os anos é o mesmo e o tema non ten nada novo aínda que pasen os anos. Despois de dicir todo isto sobre a lusofonía teño que admitir que este era un tema fácil de tratar, do cal saía moita información buscando moi pouco tempo. Para finalizar enumerarei uns países lusófonos: Brasil, Portugal, Guyana, etc...

mércores, 22 de xaneiro de 2020

ASOCIACIÓNS OU ONGs
(ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA)

Son de salientar as variadas actividades culturais, desenvolvidas quer en solitario quer en colaboración con outras entidades (AELG, AS-PG, AV Agra do Orzán, AV dos Castros, UdC, CUAC fm, etc.), en que destacan a celebración anual do Memorial de Teatro Amador “Ibán Toxeiro”. Igualmente, levamos a cabo un intenso traballo sociocultural que asenta na proxección da lingua, literatura e cultura galegas, no obradoiro de teatro, no obradoiro de xadrez, na defensa dos dereitos das mulleres, na publicación dos números da “Biblioteca Alexandre Bóveda”, nas exposicións na colaboración con diversos colectivos etc. E, ao mesmo tempo, realizamos un constante traballo de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avanzos tecnolóxicos etc.

Resultado de imagen de asociacion alexandre boveda

https://www.acalexandreboveda.gal/

O MEU COMENTARIO:
Non estou moi familiarizado coa asociación Alexandre Bóveda pero pareceme unha asociación que ten moi bos valores que transmite coas súas actividades. Eu non me afiliaría a esta asociación porque non me gusta moito a literartura pero non quere dicir que non sexa unha mala actividade para a xente que lle gusta a literatura, senón que a min non me interesaría afiliarme. Esta asociación a coñezo porque o mue profesor de Tic´s está afiliado a esta asociación.

martes, 21 de xaneiro de 2020

ARTE E ARTESANÍA
(SARGADELOS)
A cerámica de Sargadelos é unha famosa cerámica elaborada en Sargadelos (no municipio lucense de Cervo, Galicia, España). A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis.

O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Cer%C3%A1mica_de_Sargadelos

Resultado de imagen de SARGADELOS

O MEU COMENTARIO:
Sargadelos coma todo ou case todo o mundo sabe é unha marca de cerámica que fan moi bos traballos. Creo que todo ou case todo o mundo cando pensa en Sargadelos pensa á súa vez en Estrella Galicia xa que os grifos para tirar as cañas nos bares ás veces son de Sargadelos. O meu pai traballa en Estrella Galicia entón na miña casa temos bastantes cousas de Sargadelos e son bastante bonitas. Aínda que as pezas son bonitas na web de Sargadelos os prezos para min son bastante caros.